O venres 21 de febreiro, tiveron lugar as xornadas de formación para familias e profesionais organizadas pola Escola de Familias de Trives e orientación do centro educativo da vila. “O centro de formación ao profesorado (CFR) contribuíu a que se puideran levar a cabo, tamén coa colaboración e difusión da información por parte da ANPA o Recreo, e do departamento de Docencia do Hospital Universitario de Ourense”, indican dende a organización.
Dende as 16 e ata as 20 horas tiveron lugar dúas ponencias interactivas, levadas a cabo por duas profesionais de enfermería da Unidade de Saúde Mental do CHUO, Andrea Novoa, presentando “A infancia temperá, un verdadeiro desafío”; e Karla Caballero presentando “Axudar a Medrar, puberdade e adolescencia”.
Unhas 40 persoas procedentes de concellos de Manzaneda, A Pobra de Trives, A Rúa, O Barco de Valdeorras, Ourense, Maceda, Quiroga… reuníronse na Biblioteca do CEIP Manuel Bermúdez Couso, para asistir e participar nas ponencias “onde o feedback foi moi positivo en relación a organización e participación de xornadas de saúde mental na nosa vila”, din dende a organización, destacando a “importancia de poder ter formación, estratexias e recursos, para comprender as diferentes etapas de neurodesenvolvemento dos nosos cativos, e fundamental para contribuír a unha mellora calidade en relación a saúde mental”.
Fotos e vídeo cedidos.