DeportesÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición para o Gran Premio de Montaña e Andaina da Rúa

Para esta edición as prazas están limitadas a 150, e na liña de saída estará o corredor Estivel Martínez
O corredor de montaña Estivel Martínez.

O 7 de outubro celebrarase na Rúa unha nova edición do Gran Premio de Montaña e Andaina (GPM) con tres modalidades: trail de 31 quilómetros e + 1.800m positivos; trail de 15 quilómetros e + 1.011m positivos; e andaina de 15 quilómetros.

Cuns percorridos “100% de pura montaña, con moito encanto, técnicos e duros”, as inscricións abríanse onte 1 de agosto tanto de forma presencial como online en www.galitiming.com cun máximo de 150 prazas xa que “queremos que sexa por e para o corredor e andarín”, puntualizan dende a organización.

Eles mesmos adiantan que na liña de saída contarán con Estivel Martínez “gran corredor de carreiras por montaña e adestrador que leva grandes vitorias gardadas na súa mochila, que xa veu probar os percorridos”.

Ademais, na liña de saída tamén estará o tatuador e youtuber “Javichín” que actualmente conta con máis de medio millón de subscritores.

Artigos relacionados

Back to top button