OurenseÚltima hora

Ábrese o prazo de matrícula nas escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul

Inclúese por primeira vez o requisito do cumprimento do calendario de vacinación oficial para poder inscribirse

Dende mañá e ata o vindeiro día 5 de abril estará aberto o prazo de inscrición para o curso 2019/20 nas escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul, que poñen a disposición das familias 10.379, 114 máis que no actual curso, segundo a Xunta. Tamén se abre o prazo nas 492 prazas públicas concertadas con centros de titularidade privada. O Diario Oficial de Galicia (DOG)[1] publica hoxe estas tres resolucións, que por primeira vez inclúen como requisito o cumprimento do calendario de vacinación oficial para acceder a un centro público ou praza concertada.

“Ao respecto desta nova exixencia cómpre indicar que as familias contarán con 8 días unha vez confirmada a adxudicación da praza no DOG para presentar no centro correspondente o impreso de matrícula debidamente cuberto e unha copia da cartilla de vacinación da súa filla ou fillo. O obxectivo desta medida, que conta co amparo da lexislación vixente e conta co respaldo da ampla maioría dos profesionais médicos, axudará a garantir a protección da saúde nestes espazos públicos”, segundo se informa dende a Xunta de Galicia.

Así mesmo, recolle a posibilidade de presentar a solicitude fóra do prazo establecido aqueles que residiran fóra de España e retornen a Galicia durante o ano 2019, para facilitarlles o regreso.

As prazas da rede autonómica da Galiña Azul e as contratadas en escolas privadas compleméntase coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e naquelas que dependen dos concellos.

[1] Enlaces das resolucións:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190315/AnuncioG1342-110319-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190315/AnuncioG0379-080319-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190315/AnuncioG0425-080319-0002_gl.html

 

Artigos relacionados

Back to top button