CulturaEducaciónÚltima hora

Ábrese o prazo de matriculación na escola infantil municipal do Barco

Exterior da gardería municipal do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello do Barco vén de abrir de abrirse o prazo de solicitudes para a matriculación de nenos na escola infantil municipal. En concreto, para o curso 2021/2022 convócanse as seguintes prazas libres por grupos de idade para a escola infantil municipal do Barco:

– Grupo 0-1 (nados no 2019): 8 prazas libres

– Grupo 1-2 (nados no 2018): 7 prazas libres (de 13 totais)

– Grupo 2-3 (nados no 2017): 7 prazas libres (de 20 totais)

“Quedan reservadas as prazas de renovación do alumnado do centro e as de emerxencia social derivadas do departamento de Servizos Sociais do concello”, segundo esta administración local.

Os requisitos para ser adxudicataria/o son os seguintes:
a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento de presentación da solicitude.
b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2021.
c) Respecto daquelas familias que xa escolarizaran outro fillo ou filla no mesmo centro, estar ao corrente no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

Prazo de presentación

O prazo para a presentación das solicitudes para a escola infantil municipal do Barco comezou o luns 24 de marzo e remata o 12 de abril, ambos inclusive. As solicitudes presentaranse segundo o modelo “Novo ingreso” ou “Renovación” e estarán dispoñibles para cumprimentar e descargar preferiblemente na páxina do concello, por motivos da COVID 19, e na mesma escola.

A admisión na escola será por “rigorosa orde de puntuación acadada de acordo ó baremo establecido pola Axencia de Servizos Sociais da Xunta (Anexo V da Resolución do 11 de marzo de 2021, publicada no DOG.núm.55 do martes 23 de marzo de 2021)”, segundo o Concello.

Horario de apertura da escola e xornadas posibles do alumnado

O horario da escola é de 7.45 á 16.30 horas. Dentro de este horario os menores poden establecer unha xornada media de menos de 4 horas con ou sen comedor (cumprindo os requisitos establecidos no regulamento do centro), ou completa, de máis de 4 horas ata un máximo de 8 horas no centro (tamén con ou sen comedor se foi concedido o servizo).

Toda a documentación, tanto para novas solicitudes como para renovacións, está no enlace: https://www.sede.concellodobarco.org/escola_infantil

Artigos relacionados

Back to top button