OurenseÚltima hora

Ábrese o prazo para solicitar axudas para entidades sociais, libros e comedores escolares en Ourense

o Concello destinará 325.000 euros a apoiar a actividade que desenvolven as asociacións sen ánimo de lucro na cidade e 294.250 ás familias para os gastos do próximo curso escolar

 

O Concello de Ourense abrirá mañá, martes 13 de abril, os prazos para solicitar as axudas que lles concederá este ano ás asociacións e entidades do ámbito social para apoiar o labor que desenvolven no concello, e ás familias para afrontar os gastos en libros e comedores escolares para o próximo curso 2021/2022. O Concello publica o extracto de ambas convocatorias no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe e na páxina web municipal  www.ourense.gal, de forma que as persoas interesadas poidan presentar as súas solicitudes. Para libros e comedores escolares, o prazo é 15 días, ata o 3 de maio, e para entidades sociais, un mes, ata o 12 de maio.

A convocatoria para a compra de libros e material escolar e para os gastos en comedores escolares para o próximo curso ten un orzamento de 294.250 euros. Vai dirixida a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos de estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia; non superar os 3.500 euros de renda per cápita anual.

A convocatoria das subvencións a entidades sen ánimo de lucro está dotada con 325.000 euros en réxime de concorrencia competitiva. As axudas van destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades que, sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello no ámbito dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Os programas, proxectos ou actividades deben ir dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

Toda a información e impresos están na web do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button