CulturaCulturaÚltima hora

Ábrese unha nova convocatoria de Córgomo Arte baixo o título de “Fendas”

O prazo dos artistas para presentarse rematará o 24 de novembro e a exposición abrirase ao público o 7 de decembro en Córgomo (Vilamartín)

Pezas expostas nunha edición anterior de Córgomo Arte./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Hai máis dunha década en pleno rural nacía o proxecto Córgomo Arte da inquedanza dun grupo de creadores valdeorreses da necesidade de crear un marco de diálogo e de encontro para os artistas da comarca e, ao mesmo tempo, para “usar a arte como medio de dinamizar a acción cultural no rural”.  O proxecto materializábase na Sala Conde e Torino de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), que dende entón acolle unha mostra anual como espazo aberto “ao desfrute da arte”.

“Córgomo Arte retorna cunha nova edición para buscar un camiño de esperanza nuns tempos que parecen non ofrecernos saída. Pero aínda mantemos a fe na capacidade da humanidade para atopar novos camiñose abrir fendas polas que deixar pasar a luz. A través da arte queremos saírnos da senda marcada polo argumentario unívoco que nos converte en escravos de nos mesmos, en vidas baleiras enleadas nunha competencia permanente polo liderado e a produtividade”, explica a comisaria da exposición, Silvia Fiallega.

Agora os organizadores veñen de convocar unha nova edición, a 12ª edición desta inciativa, baixo o título de “Fendas”. Os artistas teñen as 00:00 h. do domingo 24 de novembro de 2024 como prazo límite para presentar as súas propostas en corgomoarte@gmail.com. A inauguración da mostra está prevista para o 7 de decembro e permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro de 2025.

 

CÓRGOMO ARTE XII_bases

Back to top button