A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico na Rúa

 

Na tarde deste chuvioso sábado 10 de febreiro producíase un accidente de tráfico na avenida Pablo VI, na Rúa, no que se vía implicado un vehículo que se saía da vía chocando contra un muro.

O 112 Galicia recibía o aviso pasadas as 18:30 horas e ata o lugar dos feitos desprazábanse o GES Valdeorras, Protección Civil da Rúa, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061. Segundo fontes presenciais, malia o impacto o condutor do coche non resultaba ferido pero o acompañante si sufría un golpe sendo trasladado ao Hospital Público Valdeorras para a súa observación.

 

Artigos relacionados

Back to top button