A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico no centro da Rúa

 

Na tarde deste martes 26 de decembro producíase un accidente no centro da Rúa, no que se vía implicado un vehículo e un viandante.

Os feitos tiñan lugar preto das 19 horas na rúa Campogrande, á altura da cafetería Stop, onde o peón era golpeado por un coche ao cruzar. Tal como indican dende Protección Civil, presente no lugar, o impacto foi leve e a persoa non presentaba danos pero así e todo foi levada en ambulancia ata o hospital para ser sometida a observación.

Ademais da ambulancia do 061 e de Protección Civil, tamén asistía a Policía Local da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button