Na mañá deste xoves 26 de xaneiro dous coches colidían por alcance mor da neve no termo municipal do Bolo, segundo informan dende o 112 Galicia, indicando que “debido ao impacto, unha persoa tivo que ser trasladada ao centro médico polos servizos sanitarios”.

O choque entre os dous vehículos tiña lugar na OU-533, á altura do punto quilométrico 33, na localidade de Cambela. Unha das persoas implicadas na colisión era a que contactaba co 112 Galicia, en torno ás 12:30 horas, para alertar da situación. “Segundo indicaba, ao perder o control do seu coche pola presenza de neve e xeo na vía batera contra outro turismo. Tamén engadía na súa comunicación que había persoas feridas”, din dende o Axega que poñía a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.
Ante a situación Protección Civil do Bolo activaba un equipo de garda e decidía montar a cuña outra vez e limpar os accesos aos pobos do municipio.
Fotos e vídeo: Protección Civil O Bolo.