A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico sen feridos no centro da Rúa

 

Na tarde deste luns 22 de xaneiro producíase un accidente de tráfico na céntrica rúa Campogrande, na vila da Rúa, no que se vian implicados dous vehículos e que se saldaba sen feridos.

O suceso tiña lugar pasadas as 15:15 horas cando un coche que viña do Barco chocaba contra un autobús que ía diante. Segundo o propio condutor do turismo, despistouse e non deu freado cando o facía o condutor do bus, que ía dirección Ourense.

Ata o lugar dos feitos acudía a Policía Local da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button