Novo accidente de tráfico na xornada deste chuvioso sábado 19 de outubro, desta volta no municipio de Viana do Bolo, no que se via implicado un quad.
O suceso tiña lugar pasadas as 19 horas nunha pista en Santa Mariña da Ponte, entre Vilariño de Conso e Viana, resultando ferido o condutor do vehículo.
Ata o lugar dos feitos desprazábanse membros do GES da Gudiña, unha ambulancia do 061, a Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil de Vilariño de Conso cunha pick up para acceder ata o punto exacto do accidente.