ConcellosÚltima hora

Actívase o plan de vialidade invernal na provincia

O dispositivo conta con 83 profesionais, 1.935 toneladas de fundentes e 6 centros operativos

 

A Xunta de Galicia vén de activar o plan de vialidade invernal na provincia de Ourense, cun dispositivo de 83 profesionais, 1.935 toneladas de fundentes e 6 centros operativos para a atención e o mantemento dos preto de 1.000 km de estradas autonómicas na provincia para acadar condicións de seguridade viaria, especialmente nas épocas con episodios de climatoloxía adversa.

No conxunto de Galicia son, en total, 26 os centros operativos e 387 os profesionais que velarán pola seguridade das estradas autonómicas. Ademais, mobilízanse preto de 5.300 toneladas de fundentes.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de circulación na rede de estradas da comunidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo ou a aparición de neve.

Este plan recolle medidas preventivas, para anticiparse aos contratempos que se poidan producir, e medidas paliativas, para reforzar a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas desfavorables.

No seguinte plano amósase a situación dos medios dispoñibles no citado dispositivo na provincia de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button