ConcellosÚltima hora

Actividades para concienciar sobre a eficiencia enerxética, no Barco

A campaña de sensibilización ambiental inclúe un apagón xeral este luns ás 8 da tarde
Os concelleiros de Medio Ambiente, Diana Urdangaray; e de Deportes, Aurentino Alonso, na presentación da campaña. /Foto: Mónica G. Bellver.

A concellería de Medio Ambiente do Barco de Valdeorras vén de presentar a campaña de sensibilización ambiental, centrada na eficiencia enerxétiva. Trátase dunha das dúas campañas que se levarán a cabo este ano (a outra é sobre reciclaxe), en lugar das tradicionais Semana da Natureza e Semana da Mobilidade que se desenvolvían ata agora.

Tal como explicou a concelleira Diana Urdangaray na presentación, os obxectivos da campaña sobre eficiencia enerxétiva son “concienciar aos nenos da relevancia da eficiencia enerxética sobre o cambio climático; promover a participación e implicación das novas xeracións na loita por un futuro baseado na sostibilidade; fomentar o traballo en equipo; investigar as principais deficiencias nos hábitos de consumo e buscar solucións; adquirir un pensamento crítico fronte aos problemas ambientais baseados na reflexión e nunha educación de valores; e incluír aos tics como ferramenta educativa”. E para conseguilo prepararon un programa de actividades que comeza este luns, 6 de marzo, cun apagón xeral de cinco minutos de duración. Nos centros de ensino será ás 11h. e no resto do municipio ás 20h.

 

Cartel da campaña de sensibilización ambiental.

Aos colexios e institutos van dirixidas as seguintes actividades: o “Detective eficiente” para grupos de 15 alumnos de 5º e 6º de primaria e a “Ecoauditoría enerxética” para grupos de alumnos de 3º e 4º da ESO. En ámbolos dous casos deberán facer revisións do uso dos aparellos electrónicos, alumeado e calefacción, tanto no centro como en casa para un uso adecuado e detectar os posibles problemas de funcionamento. Nos colexios será durante o mes de marzo e a través de cuestionarios predefinidos; e nos institutos de marzo a xuño cun traballo máis minucioso. Como premio, os participantes irán a ver a Cidade de Enerxía de Ponferrada.

O programa da campaña inclúe unha charla sobre condución eficiente da man de Provial (asociación de profesores e directores de formación vial) no mes de maio; e a Feira do Sol, unha asociación que fomenta o uso das enerxías renovables mediante obradoiros ao aire libre con instrumentos baseados no autoconsumo na praza do Concello a finais de maio.

E xa no mes de setembro haberá dúas proxeccións audiovisuais no Teatro Lauro Olmo: Ice Age: La edad del hielo para prupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria; e Antes que sea tarde para grupos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

Artigos relacionados

Back to top button