ConcellosLaroucoÚltima hora

Activos dous lumes no concello de Larouco, nas parroquias de Seadur e Freixido

O de Seadur comezaba onte pola tarde e reactivábase debido ao vento afectando a unhas 110 hectáreas, mentres que o de Freixido iniciábase esta mañá e afecta xa a 100 hectáreas

 

A Consellería do Medio Rural informa de dous lumes activos arestora no concello de Larouco, nas parroquias de Seadur e Freixido.

O lume rexistrado en Seadur, que segundo os primeiros indicios puido ser ocasionado por un raio, iniciábase na tarde de onte, mércores 15 de xuño, en torno ás 20:59 h. Aínda que estaba estabilizado, debido ao vento na zona reactivouse e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 110 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 9 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 4 helicópteros e 2 avións.

O incendio rexistrado na parroquia de Freixido comezaba en torno ás 7:26 h. deste xoves 16 de xuño e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 100 hectáreas. No seu control traballan 3 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas, 4 helicópteros e 2 avións.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button