CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Acto de graduación no IES Martaguisela do Barco

 

Remata o curso escolar nun ano marcado pola pandemia, as restricións e a distancia social e, pouco a pouco, vanse celebrando os actos para despedir aos alumnos de 2º de Bacharelato que deixan o centro para seguir formándose na universidade. Hoxe tocoulle aos do IES Martaguisela, no Barco de Valdeorras.

Así, elegantemente vestidos coas súas mellores galas aínda que a mascarilla non faltou, os estudantes do último curso asistían á súa graduación na que lles foi imposta a a banda ademais de entregarlles o correspondente diploma e a orla.

No acto houbo discursos de pais, profesorado e alumnado e ata unha actuación musical. Por mor da tormenta celebrábase no salón de actos e malia que os familiares non puderon asistir, foi retransmitimolo en directo por videoconferencia.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button