Galerías de fotosOurenseÚltima horaVídeos

Acto institucional polo “Aniversario da Subdelegación de Defensa en Ourense”

 

A Sede da Subdelegación de Defensa na provincia, situada na céntrica rúa do Paseo de Ourense, acollía este mediodía o acto institucional de conmemoración do “Aniversario da Subdelegación de Defensa en Ourense”, presidido polo subdelegado de Defensa en Ourense e coronel do Exército de Terra, Jesús Antonio Peñas, así como polo delegado de Defensa en Galicia, Jesús Ángel Paz, capitán de Navío do Corpo Xeral da Armada Escala de Oficiais.

O acto comezaba cun saúdo ás autoridades civís e militares, así como das Forzas e Corpos de Seguridade, e ao persoal convidado e, despois, procedíase ao  izado de bandeira.

 

 

Logo tiña lugar un recoñecemento á Unidade Militar de Emerxencias polo seu labor na vaga de incendios que asolaba á provincia no verán do 2025. O subdelegado de Defensa expresáballe o seu agradecemento “polo extraordinario labor que fixeron na nosa provincia, unha mostra de gratitude pola resposta extraordinaria en medios humanos e materiais. O V Batallón da UME, ademais de volcarse con todo o seu persoal, encargouse de coordinar os efectivos do resto da UME e outras unidades comoa Brilat ou a brigada paracaidista”.

Ademais anunciaba que no outono poderá verse na cidade de Ourense a exposición “Somos Soldados” e explicarase que é a UME e a súa vocación de servizo.

 

 

Así mesmo, realizábase a entrega de certificados de falecidos na guerra de Cuba ao Concello e á Deputación de Ourense. Tamén se entregaba o Premio de la 13º edición do Concurso Literario “Carta a un militar español”, que nesta edición tiña como tema “Plus Ultra: la audacia que cruza horizontes” e, a continuación, líase a carta ganadora do certame.

 

 

Ademais, facíase entrega de premios e recoñecementos e do Premio Cachamuíña ao Colexio Manuel Sueiro. O acto completábase coa intervención do subdelegado de Defensa en Ourense e cunha homenaxe aos que deron a súa vida por España.

Durante o acto actuaba a Banda de Guerra da Brilat e a cantante sarxento reservista Cristina Blanco.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button