OurenseÚltima hora

Acto no parque de San Lázaro, en Ourense, para conmemorar o Día das Librarías

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou no acto de representación escénica dirixido a nenas e nenos, que a Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense

 

Na mañá deste mércores 10 de novembro, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaba nun acto de representación escénica dirixido a nenas e nenos, que a Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense desenvolveu no Parque de San Lázaro para conmemorar o Día das Librarías, e destacar o seu carácter cultural, de comercio de proximidade, punto de encontro físico cos lectores e de fomento da lectura.

O delegado territorial subliñou que “nestes tempos da era dixital, cómpre por en valor o contacto directo co lugar onde se venden os libros; espazos onde podemos entrar para elixir a través dos libros os mundos que desexamos habitar, un lugar idóneo para deixar voar a imaxinación e converternos en protagonistas de variadas historias”.

Gabriel Alén lembrou que 37 entidades e empresas de Ourense capital, 77 na provincia, xa se adheriron ao Bono Cultura da Xunta, e que poderán facelo ata o 18 de novembro, iniciativa do Goberno galego que ofrece descontos en compras ou na utilización de servizos culturais do que os clientes puideron empezar a gozar dende o 1 de novembro.

O delegado explicou que con esta iniciativa preténdese por unha banda favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto derivado da covid-19, xa que se mobilizarán 4M€ nos establecementos e entidades; e pola outra, incentivar a demanda e dinamizar o consumo, nun outono cultural no que a situación sanitaria permite recuperar moita da actividade afectada pola pandemia.

Artigos relacionados

Back to top button