
A Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá o vindeiro 4 de xaneiro a partir das 20h. un concerto de Xabier Díaz, no que estará acompañado polos irmáns Álvarez, de Trives, e polas Adufeiras de Salitre. Na súa actuación interpretará temas de “Noró (Algunhas músicas do norte) Músicas de Salitre 2018”, o seu último disco.
Este concerto forma parte da programación de Nadal do Concello de Viana do Bolo.