ConcellosPetínÚltima horaVídeos

Actuación en Petín de Acordeireta no Día das Letras Galegas

O dúa está formado polo acordeonista con orixes en Vilamartín de Valdeorras, Alejandro Balbuena e pola pandereteira Patricia González

Patricia González e Alejandro Balbuena, Acordeireta, tocando en Petín.

 

Petín é outro dos concellos da comarca de Valdeorras incluído no proxecto As Letras de Florencio polo que non podía faltar algún acto neste día tan sinalado. Así no mediodía deste 17 de maio adicado a Florencio Delgado Gurriarán, a praza Doutor Quiroga acollía a actuación de Acordeireta.

Este proxecto musical que varios instrumentos como acordeón cromático, acordeón diatónico, diferentes tipos de pandeiretas, pandeiros, culleres, bombo e zanfona ademais das voces, nacía da man de dous músicos: a pandereteira Patricia González Iglesias e o acordeonista Alejandro Balbuena Ojea (con orixes en Vilamartín de Valdeorras), que tras unha longa traxectoria musical en solitario decidían xuntar a pandeireta e o acordeón para divertirse, pero tamén para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de aprender e de transmitir un sentimento arraigado ás súas raíces e sobre todo “por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e, sobre todo, para dignificar a nosa lingua e a cultura galega”, aseguran.

 

Acordeireta tocando en Petín.

 

En Acordeireta, Patricia encárgase da familia da pandeireta e Alejandro da do acordeón dando como resultado o seu primeiro traballo discográfico Loitar Cantando, publicado en decembro de 2020 con verbas de Luz Fandiño. Un disco formado por quince temas, (tradicionais, de autor e unha gran parte de creación propia) nos que mesturan diferentes ritmos para crear un ambiente fresco e contundente, para escoitar e tamén bailar, que presentaban hoxe en Petín pola mañá e en Córgomo pola tarde.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button