EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Adentrándose no mundo do enoturismo, en Valdeorras

Os vinte alumnos que asisten ao curso que se imparte dende o 11 de xuño en AEVA están a realizar diversas saídas técnicas pola comarca

Para coñecer e comprender como funciona o mundo do turismo ligado ao viño o mellor é achegarse ás actividades deste sector que xa están en marcha. De aí que o curso de enoturismo que se imparte dende o 11 de xuño no Centro de Formación de AEVA no Barco estea complementando as sesións teóricas, dirixidas pola sumiller Mercedes González, con diversas saídas técnicas pola comarca.

Os seus 20 alumnos visitaban o día 13 un establecemento de hostalaría valdeorrés, como é o Hotel Restaurante A Calzada de Arcos (Vilamartín), coñecendo a súa actividade en relación co sector do viño, e despois percorrían tres das covas desta localidade, que conta cunha celebración en xullo que pon en valor estas antigas adegas soterradas. Nela sae a figura de “San Godellín”.

Xa na tarde dos 14 de xullo achegábanse ata a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, onde descubrían, da man do se director técnico, Jorge Mazaira, as características desta zona produtiva e realizaban unha cata para coñecer as singularidades dos seus viños. Este curso continuará ata o vindeiro 21 de xuño.

Fotos cedidas por Mercedes González.

Artigos relacionados

Back to top button