
Dende a tarde de onte permanece cortada a circulación ferroviaria en Valdeorras, na liña Monforte-Ponferrada, tras o descarrilamento dun tren mercadorías (con 15 vagóns) nas proximidades das piscinas municipais de Sobradelo (Carballeda), sen que houbese que lamentar danos persoais.
Descoñécese polo momento cando podería remotarse o tráfico ferroviario e dende Adif vén de establecerse “un plan alternativo de transporte por estrada para as circulacións afectadas”.