Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Adolfo Domínguez regresa ás súas raíces cun desfile polo casco vello de Ourense

O deseñador ourensán tomou as rúas da súa cidade natal para presentar a súa nova colección tras oito anos fóra das pasarelas

Publicidade

 

Oito anos levaba Adolfo Domínguez afastado das pasarelas (o último desfile da marca ourensá foi na madrileña Cibeles) e decidía regresar ao grande e na súa cidade natal, Ourense, para romper unha vez máis co establecido. O “gran mestre” do deseño galego regresaba ás súas raíces na tarde do 14 de setembro coa presentación da súa nova colección polas rúas da cidade e cun cásting de excepción: 60 modelos non profesionais de todas as idades e tallas.

Cos últimos raios de sol do sábado o desfile tomaba as rúas do casco histórico cun grupo de pandereteiras marcando o inicio do espectáculo, no que destacaron as propostas que abogan polas cores neutras e terrosas, con estética relaxada e atemporal, fortemente inspiradas nas paisaxes galegas.

 

Adolfo Domínguez durante o desfile, entre as súas fillas Tiziana e Adriana.

 

Tralo desfile, como non podía ser doutro xeito, o patriarca, visiblemente emocionado, escoltado polas súas fillas Adriana -conselleira delegada da compañía- e Tiziana Domínguez -creativa na marca- e rodeado de familiares e amigos que o viron crecer nos seus obradoiros artesanais, saiu a saudar na praza maior.

Artigos relacionados

Back to top button