
Na xornada do sábado 6 de xullo o Club Atletismo Rúa participaba no Campionato Xunta de Galicia de Atletismo en pista con dúas lanzadoras de xavelina que “loitaron e competiron coma leonass”, din dende o club, “sempre orgullos@s dos nosos atletas”.
Adriana Taboada lograba un 8º posto “coa mellor marca da tempada (MMT) con 20,24 metros” e Carlota Navarro un 9º “cun mellor lanzamento de 17,74 metros”.