EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

AEVA colaborará na promoción da XXIV Feira do Viño de Valdeorras con sorteos

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación Empresarial Valdeorras (AEVA) colabora na promoción da XXIV Feira do Viño de Valdeorras co sorteo de packs consistentes nunha copa oficial do evento e catro degustacións de viño. Os clientes que consuman viño da DO de Valdeorras nos establecementos de hostalaría participantes (no Barco Asador Viloira, Café Teatro Bajo 5, Bar Jardín, Café Bar ANJ3L, Café Bar Lisboa, ZigZag, Cafetería Fernando III, El Muro del Malecón, Panadería Santigoso, Pazo do Castro, Veira Sil e Bar Galicia na Rúa) terán ao seu dispor un boleto, que encherán cos seus datos, para entrar no sorteo de packs para consumir no recinto da feira, que se celebrará na praza de Otero Pedraio en Viloira os días 8 e 9 de xullo.

Deste xeito, preténdese incentivar o consumo do viño de Valdeorras, ao sector hostaleiro e, ao mesmo tempo, colaborar na promoción deste evento, que celebra a súa XXIV edición e que xa está plenamente consolidado na axenda do verán.

 

 

A promoción desenvolverase dende o venres día 23 de xuño ata o xoves día 6 de xullo, celebrándose o sorteo o venres día 7 de xullo, data na que se contactará cos agraciados para que poidan recoller os seus packs na caseta da organización.

Artigos relacionados

Back to top button