EconomíaEconomíaÚltima hora

Aever e Abanca renovan o seu acordo de colaboración

 

A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) vén de renovar, un ano máis, o seu acordo de colaboración con Abanca “co foco posto en paliar as necesidades actuais dos negocios da zona mediante un catálogo de produtos e servizos deseñados a medida para os asociados”, tal e como informan dende estas duas entidades.

O texto foi rubricado esta mañá polo presidente de Aever, Santos Álvarez, e pola directora de zona de Abanca en Ourense Este, María José López. Este acordo de colaboración reforza o compromiso do banco coa viabilidade e o crecemento económico de Verín, que supón un dos focos de emprego principais da provincia de Ourense.

“Grazas a este acordo, Abanca pon a disposición das empresas e dos comercios de Verín un plan de financiamento para dar resposta de maneira íntegra ás sús necesidades. Deste modo, inclúense produtos e servizos que permitirán reforzar a competitividade dos proxectos e levar a cabo investimentos. Deste xeito, os empresarios contarán con produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais, leasing mobiliario e inmobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos”, segundo informa Abanca.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button