EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER lanza unha nova campaña: “Festa. Eu Merco en Verín”

O seu inicio está previsto para luns 19 de xuño e nela os establecementos participarán entregarán aos seus clientes coas compras realizadas os tíckets para poder acceder as actividades do día 30 de xuño

Presentación da campaña “Festa. Eu Merco en Verín”./ Cedida.

 

A Asociación de Empresarios de Verín AEVER pon en marcha una nova campaña comercial de animación nas rúas e promoción de vendas baixo o título “Festa. Eu Merco en Verín”. O seu inicio está previsto para luns 19 de xuño e nela os establecementos participarán entregarán aos seus clientes coas compras realizadas os tíckets para poder acceder as actividades do día 30 de xuño. “O inicio das rebaixas de verán é unha das épocas do ano de máis vendas no sector comercio. O obxectivo da campaña é incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas, mobilidade dos clientes polas rúas comerciais e conciliación familiar. Mentras os nenos están entretidos e atendidos esas tres horas, os páis poden mercar tranquilamente”, dicían Santos Alvarez, presidente de AEVER, e Xosé Angel Rodicio, xerente desta entidade na presentación da campaña esta mañá.

As actividades que se realizarán son inchables, xogos interactivos e xogos desenchufables (un total dunhas 14 estaciónspor todo Verín) e desenvolveranse o 30 de xuño, en horario de mañá (de 11:00h a 13:30 h), e de tarde de 17:30h a 20:30h.

Os tíckets, que serán necesarios para poder participar nestas propostas, canxearanse na carpa de AEVER situada na praza do Concello. A mecánica será a seguinte:

1.HORARIO DE MAÑÁ, deberán entregar3 Tickets + 5€ e realizar o canxe na Plaza do Concellona carpa de AEVER, para conseguir a pulseira de cor azul, que lle dará a posibilidade de ir a tódalas actividadesdurante o horario de mañá.

2.HORARIO DE TARDE , 3 Tickets + 5€ e realizar o canxe na Plaza do Concello, na carpa de AEVER, para conseguir a pulseira de cor verde, que lle dará a posibilidade de ir a tódalas actividades durante o horario de tarde.

3.HORARIO TODO O DÍA, deberán entregar 3 Tickets + 7€ e realizar o canxe na Plaza do Concello, na carpa de AEVER, para conseguir a pulseira de cor VERMELLA , que lle dará a posibilidade de ir a tódalas actividades durante o horario de todo o día. A carpa estará aberta1 hora antes do inicio das actividades.

Na páxina web da asociación disporase dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas.

Artigos relacionados

Back to top button