EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER presenta a 4ª edición de “Os 6.000 de Verín”, que busca premiar aos clientes

A campaña poñíase en marcha o 16 de novembro e prolongarase ata o vindeiro 27 de decembro, coa participación dun total de 114 establecementos asociados

Presentación da campaña “Os 6.000 de Verín”./ Cedida.

 

Co obxectivo de fidelizar e premiar aos seus clientes, así como de incentivar as vendas, a Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) lanza a cuarta edición da súa campaña “Os 6.000 de Verín”. A iniciativa presentábase onte nun acto que contaba coa asistencia do presidente e do xerente de AEVER, Santos Álvarez e José Ángel Rodicio, así como de Manuel Lorenzo, concelleiro de Verín.

A campaña poñíase en marcha o 16 de novembro e prolongarase ata o vindeiro 27 de decembro, coa participación dun total de 114 establecementos asociados. “A diferenza doutros anos, nesta ocasión sortearemos 19 cheques: 1 de 2.000 euros, 1 de 1.000 euros, 2 de 500 euros, 5 de 200 euros e 10 de 100 euros. O sorteo farase ante notario nas nosas instalacións o día 28 de decembro”, sinalaban os representantes de AEVER.

A mecánica do sorte será a seguinte. Os clientes deberán cubrir as papeletas que lle entregue cada establecemento polas compras realizadas, cos seus datos de contacto (nome, apelidos, DNI e teléfono), introducilos en calquera buzón, que estará a disposición en todos os establemcentos participantes na camaña. O feito de cubrir a papeleta, matizan dende AEVER, implica a aceptación da bases que están a disposición do público en www.ccaverin.com.

“Unha vez realizado o sorteo e localizados os premiados, estes terán ata o día 5 de xaneiro do 2023 para facer as súas compras polo importe premiado”, concluía a asociación. Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button