CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ainara Zárate, finalista do Concurso de Talentos Literarios do Colexio Divina Pastora do Barco, recita un dos seus poemas

'Preludio' está incluído no poemario 'Mariposas Añil y Artificios'

 

Hoxe é o Día Mundial da Poesía e no colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras decidían conmemoralo compartindo a través das redes sociais o vídeo no que a alumna Ainara Zárate Anta recita o poema Preludio, un dos incluídos no seu poemario Mariposas Añil y Artificios co que se colocaba como unha das finalistas do Concurso de Talentos Literarios do centro.

Dende o centro escolar aseguran estar “encantados” de que cada vez máis alumnos escollan a poesía como medio “para expresarse, para compartir, para conmovernos”.

Vídeo  compartido polo Colexio Divina Pastora do Barco.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button