Na tarde do venres 4 de outubro presentábase no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives o proxecto conxunto de GDRs “InterRitmos, emprendemento música de raíz”, programa de acompañamento e capacitación dirixido a músicos e proxectos musicais que beban da música de raíz, que contou coa presenza de Antonio Serrano (músico, compositor e concertista de harmónica), Isabel Rei Samartim (guitarrista e pesquisadora galega) e o grupo de acordeóns Airiños da Porta Falsa de Manzaneda.
O evento comenzaba coa benvida por parte do presidente do GDR Sil-Bibei-Navea, Paco Magide e proseguía coa intervención da xestora cultural Patricia Hermida, quen explicou que “o proxecto mudou do modo inicial de concurso a emprendemento música de raíz; que consiste en varias actuacións de música en diferentes zonas dos territorio dos grupos de desenvolvemento rural que conforman o proxecto, así como un programa de formación e titorías individualizadas para as/os músicos e asociacións de música tradicional que queiran participar no programa”.
O programa incluía conversas e actuacións por parte dos asistentes así como unha degustación de produtos da zona a cargo da Cantina do Catro.
Fotos: GDR Sil-Bibei-Navea.