CulturaCulturaOurenseÚltima hora

Alameda literaria

Nova edición da Feira do Libro de Ourense do 3 ao 8 de xuño
Entre as autoridades asistentes á inauguración estiveron o subdelegado do Goberno en Ourense e o secretario xeral de Cultura.
Entre as autoridades asistentes á inauguración estiveron o subdelegado do Goberno en Ourense e o secretario xeral de Cultura.
Imaxe do acto inaugural desta feira ourensá.
Imaxe do acto inaugural desta feira ourensá.

O calendario de Feiras do Libro de Galicia abríase en abril en Santiago e no rematará ata finais de agosto en Monforte, cun total de 12 citas que se converten en ferramentas para achegar o libro á cidadanía, e promover as editoriais e creadores galegos, así como a lingua galega e a literatura en xeral.

A cita cultural chega á urbe ourensá en xuño, e do 3 ao 8, a Alameda volverase máis literaria que nunca para acoller unha nova edición da Feria do Libro de Ourense. Ao longo da rúa, instalaranse 15 stands especializados con distintas categorías de libros: infantil, en galego, dixital, facsímiles, manualidades, ecoloxía plantas naturais, etc… “O obxetivo é chegar a todo tipo de público e fomentar que a xente se chegue a este recinto. Ademáis das casetas haberá unha carpa para levar a cabo as actividades paralelas previstas, e sorteos diarios tanto de libros como de estancias nos balnearios da provincia, froito dun convenio co grupo Caldaria” explicaban na presentación da feira que tiña lugar na CEO, nun acto que contou coa presenza do conselleiro de Educación Xesús Vázquez, do alcalde da cidade Agustín Fdez, do presidente dos libreiros de Ourense José M. García e da presidenta dos libreiros galegos Pilar Rguez.

Na presentación, Vázquez salientou a importancia desta feira como “foco de dinamización da actividade cultural da cidade, non só pola propia oferta de actividades que van parellas e polos autores relevantes que visitan as casetas, senón pola pegada que deixan naqueles que a visitan”.

O acto inaugural tiña lugar o 3 de xuño coa presenza do secretario xeral de Cultura, do alcalde de Ourense e do subdelegado do Goberno na provincia, entre outras autoridades.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button