ConcellosÚltima hora

A alcaldesa de Carballeda de Valdeorras reúnese coa delegada da Xunta

O encontro tiña lugar no Concello da Veiga onde se clausurou o obradoiro de emprego “Concellos rurais de Valdeorras”
A alcaldesa de Carballeda, Mª Carmen González e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. /Foto: Carlos G. Hervella.

Co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades dos concellos ourensáns, así como analizar aqueles proxectos que pode desenvolver o Goberno galego neles, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, continúa coa rolda de encontros institucionais cos alcaldes da provincia.

Así, na mañá do 5 de abril mantiña nas dependencias do Concello da Veiga, unha xuntanza coa alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mª Carmen González Quintela. Nela, máxima representante do executivo autonómico en Ourense expresou á rexedora deste municipio valdeorrés “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar a súa calidade de vida”.

Despois da reunión, delegada e alcaldesa, asistían á clausura no Toural do obradoiro de emprego “Concellos rurais de Valdeorras”.

 

A delegada xunto a varios alcaldes e concelleiros de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button