SanidadeÚltima hora

ALCER Ourense desenvolve o programa “Atención social e asesoramento especializado II”

 

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais (ALCER) da provincia de Ourense, recibía en xaneiro por parte da Xunta de Galicia, a través da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), os fondos dunha subvención vinculada ao 0,7% do IRPF que lle van permiten levar a cabo a realización e desenvolvemento do programa “Atención social e asesoramento especializado II”.

Na última década, “a ERC aumentou case un 30% e de seguir a este ritmo actual de crecemento, acabará converténdose na segunda causa de morte no noso país. Coñecer os recursos existentes para as persoas con enfermidade renal e o acompañamento axudan no proceso de adaptación á enfermidade así como para traballar por mellorar de ditos recursos así como a calidade de vida das persoas con enfermdiade renal crónica”, explican dende esta entidade.

De aí que ALCER ofreza dende comezos de ano información e asesoramento a persoas con enfermidade renal, en estadios iniciais da enfermidade como a persoas en estadios máis avanzados xa en tratamento renal substitutivo, e familiares.

“No que levamos de ano chegouse a mais de 60 persoas da provincia de Ourense, tanto de forma presencial na sede da entidade, como de forma virtual mediante chamadas telefónicas, sobrepasando no mes de outubro o estimado para todo o ano 2022”, asegura a asociación.

O mais requirido é información sobre a tramitación de certificado de discapacidade, sobre outros recursos que poden precisar (como a tarxeta SABA de aparcamento para as persoas que van a diálise), orientación sobre posibles cambios na súa situación laboral así como a derivación a outros servizos da entidade e da Federación Alcer Galicia (como o servizo de nutrición).

Artigos relacionados

Back to top button