SanidadeÚltima hora

Aleitar e a volta á actividade laboral, temática da 1ª charla da XI “Semana da Lactación Materna” no Barco

Impartíaa esta tarde Lorena Prada, Consultora Internacional Certificada de Lactación

 

“Aleitar e traballar: fagamos que sexa posible”. Baixo este lema comeza a undécima “Semana da Lactación no Barco”, que promove a Asociación De Nai a Nai e que se prolongará ata o 22 de outubro. A primeira das súas actividades tiña lugar na tarde deste 18 de outubro co relatorio “Ferramentas para a reincorporación laboral durante o amamantamiento”, que abordaba o desafío de regresar ao traballo despois da maternidade e durante a lactación. Corría a cargo de Lorena Prada Fernández, IBCLC (Consultora Internacional Certificada de Lactación).

Na súa intervención, que se desenvolvía no local da asociación na Casa da Xuventude (rúa Academia Dequitd, 6, 4º andar), expoñía estratexias específicas para o proceso de aleitamento, considerando a idade do bebé no momento da volta ao traballo e cun plan persoal. “Sabemos que non é o mesmo cando un bebé se alimenta exclusivamente de leite materno en comparación cun que xa consome outros alimentos. É importante destacar que o limitado permiso de maternidade de 16 semanas convértese nun desafío, especialmente para as nais que aleitan de maneira exclusiva”, explicaba Prada, que aportaba diversas recomendacións para realizar de maneira axeitada a lactación no momento no que a nai se reincorpora á súa actividade laboral.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button