DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alejo Ares (Adas), o máis rápido no V Desafío 42 Ourense Termal celebrado en Valdeorras

O atleta valdeorrés impúxose nas tres carreiras disputadas na Veiga, O Barco e A Rúa

Non ten rival. Alejo Ares Prada (Adas) vén de converterse no gañador da V edición do Desafío 42 Ourense Termal, despois de impoñerse nas tres carreiras disputadas esta fin de semana en Valdeorras. Na tarde do sábado vencía nos 6 km da Veiga e unhas horas máis tarde, repetía na nocturna de 15 km do Barco e hoxe impoñíase na media maraton da Rúa.

Antes das dez e media da maña, deste domingo 20 de maio dábase a saída da carreira na praza da Estación da Rúa cos 21 quilómetros de percorrido (polo centro da vila e a zona do Aguillón) por diante. Finalmente, Alejo Ares era o máis rápido entrando en meta cun tempo de 1:13:33. Uns segundos máis tarde (1:20:44 entraba Marco Paulo Rodrigues Pinto (Adas), sendo Manuel Casas Herrero (1:20:44) o terceiro clasificado. Das mulleres, a máis rápida na Rúa era Sonia Teijeiro (1:33:45), seguida de Uxía García Díaz (1:36:16) e Elena Domínguez e Ana Belén Rubio.

Na entrega de premios estiveron presentes o deputado e alcalde da Veiga Juan Anta, o alcalde e o concelleiro de Deportes da Rúa, Luís Fernández e Avelino Fernández e o concelleiro de Deportes do Barco Aurentino Alonso.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button