En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Alejo Ares (Adas) vencedor absoluto na IX Carreira Popular do Nadal na Rúa

O ganadores dos premios locais foron Adrián Fernández, terceiro na xeral, e Marina Martínez, primeira na categoría feminina

 

Non foi a edición máis numerosa pero dadas as circunstacias, con casos de Covid aínda á alza, e a celebración doutra proba en Ourense, os preto de 150 participantes na IX Carreira e Andainda Popular do Nadal, foron máis que ben recibidos.

Primeiro os andarines e de seguido os corredores, o atletismo regresaba á Rúa na mañá deste domingo 19 de de decembro, con máis de 250 kg de comisa recollida que será entrega a algunha organización benéfica. Despois da andaina (con 49 inscritos) pasadas as once e media comezaba a carreira na que participaban 44 corredores de diferentes clubs (da Rúa, O Barco e mesmo Ourense), completanto o percorrido urbano de 8 quilómetros.

 

Podio da carreira da Rúa: José Manuel (2º), Alejo (1º) e Adrián (3º).

 

Con respecto aos resultados, o primeiro en cruzar a liña de meta era Alejo Ares, seguido por José Manuel García (ámbolos dous do Club Adas do Barco) e Adrián Fernández, da Rúa. Adrián levaba tamén o trofeo ao primeiro atleta masculino local. Na categoría feminina, a primeira era Maira Martínez da Rúa que levaba tamén o trofeo á primeira muller local, seguida por Diana Vila tamén da Rúa, e Miriam Ares (irma de Alejo).

Despois da carreira absoluta, sairían as de categorías base con preto de 50 cativos. Esta VIII Carreira e Andaina Popular do Nadal da Rúa está organizada por Valdemove, o Club Adas e o Concello da Rúa en colaboración coa delegación valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA).

 

Unha das saídas dos nenos. /Foto cedida.

 

No dispositivo de seguridade estaban coma sempre voluntarios das agrupacións de Protección Civil da Rúa, Petín e Manzaneda, entre outras.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as cinco últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button