Dende as dúas desta tarde de 26 de agosto e ata ás 21h. a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) terá activada a alerta amarela por tormentas e fortes chuvias no conxunto da provincia de Ourense. No caso da comarca de Valdeorras, na zona de montaña ourensá e no sur da provincia as previsións indican unha “precipitación acumulada nunha hora de 15 mm” cunha probabilidade de entre o 40 e o 70%.
Ademais as tormentas poderían ir “localmente acompañadas de pedra”, segundo a AEMET.