CulturaCulturaÚltima hora

Alfonso Méndez, ganador do V Concurso de Nadal da Asociación Segredos de Pantón

O segundo premio e o terceiro recaen en María Ángeles Parga e Laura García, respectivamente

Primeiro premio do concurso.

 

A Asociación Cultural Segredos de Pantón vén de facer públicos os resultados do seu certame fotográfico de Nadal que cumpre xa cinco edicións.

O 1º Premio “Atardecer”, con 75 votos, correspondíalle a “O Castro de Ferreira (Santa María de Ferreira)”, cuxo autor é Alfonso Méndez Meilán.

O 2º Premio “O regato de Galegos”, con 74 votos, vai para “Galegos (San Vicente de Castillón)” de María Ángeles Parga Vázquez.

 

Segundo premio do concurso.

 

O 3º Premio “Outonal”, con 63 votos, recae en “Rigueiriña (Santiago de Castillón)”, cuxa autora é Laura García Maceda.

Dende Segredos de Pantón expresán a súa “noraboa” a todos e tamén amosaban ao seu agradecementos aos participantes “por facer que este concurso sexa posíbel. Nesta edición despois de case 6 días de votacións tivemos a participación de 270 persoas”.

 

Terceiro premio do concurso.

Artigos relacionados

Back to top button