En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Algúns restaurantes do Barco reabren as portas coa entrada en vigor da Fase 2 da desescalada

Hoxe, luns 25 de maio, abriron tamén outros negocios do sector comercio e da hostalaría

 

Pouco a pouco a actividade comercial, social e hostaleira vai regresando á capital da comarca de Valdeorras. Cunha boa parte do tecido empresarial xa aberto, na mañá deste luns 25 de maio tocáballe o turno aos restaurantes que, se ben ata agora podían servir comida para levar se así o desexaban, non podían atender no interior dos locais. Non abriron todos, pero si unha boa parte dos existentes no Barco, cumprindo coas estritas medidas de seguridade e hixiene marcadas por Sanidade.

 

O restaurante San Mauro reabría hoxe ao público.

 

Ante a evolución epidemiolóxica positiva da pandemia e o oportuno cumprimento dos criterios establecidos en fases anteriores, o Goberno e as Comunidades Autónomas acordaban extender a flexibilización dalgunhas medidas en determinadas unidades territoriais, contempladas na Orde SND/414 de 16 de maio de 2020, para a “flexibilización de determinadas restriccións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade”.

 

Interior de Micro Shop, unha as tendas de informática que non pechou durante o estado de alarma.

 

Nese contexto dase luz verde para reabrir ao público os establecementos de hostalaría e restauración para consumo no local, “sempre que non se supere o 40% do seu aforo” e unicamente sentado en mesa e preferentemente mediante reserva previa”. As terrazas ao aire libre manteñen a limitación ao 50% das mesas, cunha ocupación máxima de 10 persoas. Con respecto ás medidas de hixiene, a orde establece que “entre un cliente e outro deberase proceder á limpeza e desinfección do equipamento da terraza, en particular mesas e cadeiras, así como calquera outra superficie de contacto. Priorizarase a utilización de mantelerías dun só uso e deberá poñerse a disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con acción virucida. Tamén se fomentará o pago con tarxeta evitando o uso de cartas de menú de uso común. Ademais, elementos como vaixela, cristalería, cubertería ou mantelería, deberán almacenarse en espazos pechados; eliminándose produtos de autoservizo como servilleteiros, palilleros, vinagreiras, aceiteiras, e outros utensilios similares, priorizando as monodose.

 

Interior de Javier Brasa Fotografía.

 

Con respecto ao persosal, no caso de servizos que non permitan o mantemento da distancia de seguridade interpersoal, deberá utilizar o equipo de protección adecuado ao nivel de risco que asegure tanto a súa protección como a do cliente.

Na galería de imaxes podemos ver algúns dos restaurantes e bares que recuperaban hoxe a actividade no interior dos locais, así como outros negocios da vila vinculados ao sector comercio (papelería, fotografía, electricidade, informática,…).

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button