ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Alpha Raíces e Bajo 5, establecementos premiados no II Concurso de Maridanza do Barco

Esta iniciativa, na que participaban oito locais de hostalaría da vila, desenvolvíase do 5 ao 11 de decembro

 

Tras un percorrido polos locais da man dunha regueifeira, procedíase á entrega de premios do II Concurso de Maridanza do Barco- “Gastromímate”, promovido por Aeva dentro do proxecto VII Aevaemprégate. Ao inicio do acto, a presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, agradecía a “aportación da hostalaría á comunidade, se non facemos cousas, a sociedade quédase parada” e resaltaba o seu interese por participar nesta iniciativa, así como ao público pola súa resposta.

 

 

Deseguido, Manuel Garea, membro do xurado profesional (do que tamén formaba parte o valdeorrés José Luis Casas) e profesor de cociña e de pastelería, explicaba os criterios de valoración seguidos para puntuar as maridanzas do locais. E, a continuación, procedía á entrega de premios. O galardón á mellor maridanza de brancos correspondíalle ao Alpha Raíces, e era recollido polo seu propietario e polo cociñeiro do local. A súa proposta era Canelón de polo redbro (canelón fritido de polo redbro, cabaza, castaña e coliflor) maridado con Brinde de Roandi, espumoso godello

 

 

Ademais a distinción á mellor maridanza de tintos era para o Café Teatro Bajo 5, que participaba no concurso con “Petisco da Terra Valdeorresa (empanadillas caseiras con masa de níscalos e recheo de porco caramelizado con castañas) maridado con Alán de Val Escada, garnacha tintureira. Ademais, Alpha Raíces facíase co premio do público á mellor maridanza.

 

 

O acto concluía coa entrega de diplomas aos establecementos de hostalaría participantes (ademais dos dous xa citados, Bar San Roque, Agarimo Tapería, Taberna Buraco, Cervecería 13/14, El Muro del Malecón, Fernando III) e de premios do sorteo ás persoas que votaron ás melloras propostas dos locais do concurso. Resultaban premiados Tania Suárez, Guillermo González e Jorge Isla cun vale ValdeCASH por importe de 30 euros, e Daniel Trincado cun lote de viños da Denominación de Orixe Valdeorras.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button