EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Alta participación na cata e no obradoiro de barro, na Feira de Produtos Tradicionais, no Barco

 

Ao longo da fin de semana produtores e artesáns procedentes das Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor (en Portugal); e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e Terras de Trives (en Galicia), expoñen e venden os seus produtos na Feira do Eixo Atlántico, na praza do Concello do Barco de Valdeorras. Un salón multisectorial que conta con actividades paralelas como obradoiros, música en directo, degustacións e unha cata.

 

 

Na tarde deste sábado 2 de setembro tiña lugar o primeiro dos obradoiros, de torno de barro cos artesáns de “Ceniza de Papel” que contou cunha alta participación e no que os nenos fixeron os seus propios recipientes de barro.

 

 

Cunha alta participación contou tamén a cata maridada con degustación de produtos do Eixo Atlántico e viños de Valdeorras, dirixida pola enóloga Cecilia Fernández no terceiro andar do Concello á que asistían 25 persoas. Entre os produtos degustados houbo ánades de Galicia con xamón de pato, alleiras portuguesas, lombo valdeorrés, compotas portuguesas, licores de Valdeorras, bica, queixos tanto de vaca de Trevinca como cabra de diferentes sabores de Tras-Os-Montes, tostiña de cordeiro da Cabaña do Chico, entre outros.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button