DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alta participación na proba atlética de Nadal celebrada na Rúa

Na V edición da carreira e andaina recolléronse máis de 250 quilos de alimentos non perecedoiros

O deporte e a solidariedade dábanse a man na dobre cita que tiña lugar na mañá do 18 de decembro na Rúa: a V Carreira e Andaina Popular de Nadal organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo en colaboración co Concello, no que participaron unhas 250 persoas.

Ás doce do mediodía tomaban a saída os preto de 90 participantes na andaina e despois sucedíanse as diferentes modalidades das carreiras, primeiro a de absolutos e cadetes e despois as inferiores dende os máis pequeniños ata os infantís. “A participación foi moi alta sobre todo no apartado infantil”, aseguran dende a organización, cuns 130 cativos da Rúa, O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.

Como unha das citas do Nadal na Rúa, o apartado solidario era o máis importante da proba e nese senso recollíanse 255 quilos de alimentos non perecedoiros e 35 de líquidos (leite, aceite e cava). E con respecto ao apartado deportivo, o primeiro posto da categoría absoluta era para Alejo Ares Prada, seguido por Marco Paulo Rodrigues Pinto e Hugo Sánchez Gil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button