CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Alta participación na ruta por Córgomo (Vilamartín), a vila de nacemento de Florencio Delgado Gurriarán

‘Ruada con Florencio polas Candeas’, neste domingo 6 de febreiro

 

Aproveitando que esta semana se celebrou a Candeas, festividade de inverno de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), as Letras de Florencio estrean unha ruta deseñada para coñecer mellor a aldea que tanto inspirou ao poeta, onde naceu e pesou os seus anos de mozo.

 

Foto familiar.

 

Así na tarde deste domingo 6 de febreiro, da praza da Casa do Pobo partía un completo percorrido que levaría aos asistentes por diferentes rúas da localidade, coñecendo de man dos irmáns Santalla Quiroga, Fernando e Lucio, como era a aldea cando Florencio era mozo, e descubrindo episodios históricos e outros persoeiros, vencellados á xuventude do poeta, destacando a historia e o escudo da familia Gurriarán.

 

Un momento da ruta.

 

Esta primeira ruta, coa que se abre de forma oficial o Ano de Florencio foi un gran éxito de convocatoria e contou co acompañamento musical dos gaiteros, incluíndo, como non podía ser doutro xeito, a lectura dalgún poema.

 

 

 

 

Fotos: Jorge A.D. e cedidas.
Vídeos: Jorge A.D.

Artigos relacionados

Back to top button