CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos de 6º de Primaria do CPR Divina Pastora do Barco reciben unha mención especial por un proxecto de Robótica

Era un dos 10 centros escolares de España seleccionados para participar no 'Skills Upload Jr Challenge'

 

Moi contentos está no Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, pola mención especial “ao traballo en equipo e colaboracion” que veñen de recibir no Skills Upload Jr. Challenge, Superreto DigiCraft, unha competición para nenos de 6 e 19  anos coa tecnoloxía como vehículo para a inclusión da Fundación Vodafone.

 

 

Tal como explican dende o centro barquense, “de entre 600 colexios de toda España, só 10 fomos seleccionados para participar, e os nosos alumnos de Robótica de 6º de Primaria representaron ao noso e á Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas co seu incrible proxecto BunnyBot“.

 

 

Todo un recoñecemento ao “esforzo, creatividade e paixón pola tecnoloxía”, aseguran orgullosos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button