OurenseÚltima hora

Alumnos de Electricidade e Electrónica do CIFP A Farixa de Ourense visitan a central de Telefónica no Posío

Publicidade

 

Na mañá deste xoves 2 de decembro os alumnos de FP de Electricidade e Electrónica do CIFP A Farixa de Ourense visitaron hoxe as instalacións da central de Telefónica no Posío para coñecer de preto o seu funcionamento e a evolución experimentada nas telecomunicacións nos últimos anos.

Durante o percorrido, no que estiveron en todo momento acompañados por persoal do equipo técnico de Telefónica, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer a galería de cables, o punto de acceso da rede de fibra óptica (FTTH), así como da rede de cobre. Tamén accederon ao repartidor urbano e ás salas de commutación, rede móbil e antenas 5 G, onde recibiron explicacións técnicas sobre o funcionamento dos equipos. Os alumnos puideron tamén comprobar en primeira persoa a mecánica dos equipos sobre IP ou de FTTH. A visita enmárcase dentro das actividades lectivas programadas polo centro de formación profesional coas que reforzan e complementan os conceptos aprendidos durante o curso.

Artigos relacionados

Back to top button