
Vinte alumnos da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, acompañados de varios profesores visitaban o pasado venres 6 de marzo o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e as Areeiras da Limia no territorio de Sandiás. “Analizáronse polo miúdo os procesos de transformación na paisaxe na conca da Limia xa que o alumnado cursan as materias de “Ordenación do territorio e paisaxe” e “Degradación e recuperación de solos”, entre outras”, explican dende a Casa da Lagoa.
No programa tiñan deseñadas visitas de campo para o estudo de casos de restauración de ecosistemas e visitas “in situ” de diversos paisaxes. Viñan dunha xeria especial coa intención de saborear parte da provincia de Ourense e concretamente a Limia Alta, terra rica en historia, arqueoloxía, etnografía e lugares de intereses varios. Concretamente visitaron ao longo da mañá, entre outras cousas, a Reserva da Biosfera no Concello de Allariz e tamén o Pico Costoira preto da aldea de Cerredelo con preciosas vistas da Fosa da Limia co anfiteatro, serras e outeiros máis significativos e paisaxe agrario da Limia. A xeoloxía tamén forma parte do patrimonio natural e xoga un papel moi importante porque condiciona ou substitución dunha zona e con elo o clima, a flora, fauna e modo de vida dos habitantes.

Visita “in situ” ás explotacións das Areeiras da Limia no territorio que abrangue Sandiás. Sistemas de explotacións, restauración ambiental, contaminación visible e invisible, transformación da paisaxe pola acción antrópica. “Visitouse unha das areeiras en explotación e os participantes recibiron información precisa do sistema de proceso de explotación da areeira colaborando Salvador, que fora da súa explotación durante cáseque 40 anos. Houbo referencias a xeomorfoloxía, a observación e interpretación de cráteres de antigas explotacións areneras e o proceso que se segue para a súa renaturalización. Os asistentes tiveron tamén ocasión de contemplar varios exemplos de areeiras renaturalizadas e a canle de desague principal da Lagoa de Antela nun tramo determinado. Así mesmo, co apoio de láminas didácticas, explicáronse ampliamente diferentes características xeolóxicas da Limia, o tipo de solos, o comportamento do auga nos mesmos e as súas consecuencias. Tamén houbo oportunidade de exemplificar os efectos da auga sobre os tipos de chans e a transmisibilidade da area, da arxila e das rochas”, destacan dende Sandiás.
Outra das visita era ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. Análise dos procesos de destrucción do ecosistema da antigua Lagoa de Antea e procesos de transformación radicais na paisaxe. “Pasouse revista na primeira parte da visita a xeografía física e humana de lagoa expoñendo os factores naturais que levaron a transformación da paisaxe e os factores antrópicos (os palafitos lacustres, casas de terróns e as distintas pegadas do home non medio dende a pre-romana ata a modernidade. Comezou a visita visionando unha peza audiovisual sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa ou humidal artificial das Areeiras e ou patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás”.

A intensa visita comezou visionando como contexto un audiovisual sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa. Introducíronse na Lagoa de Antela por medio de reproduccións de cartografía e imaxes históricas e informáronse dos proxectos de desaugamento da Lagoa. Fíxose referencia a Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de varias fotografías históricas, o uso das barcas e os proxectos de desecación. Tamén a Xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes), por último tratáronse aspectos de Xeografía Cultural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia.
A continuación pasouse revista aos dous procesos clave que teñen que ver ca cunca da Limia e a transformación radical do paisaxe e dos usos do territorio: o proceso de desecación da Lagoa de Antela e o proceso de concentración parcelaria que modificación o paisaxe tradicional da zona. No primeiro fíxose referencia aos intentos de desecamento da Lagoa e analizouse polo miudo o proceso de desecación franquista na etapa do desarrollismo económico coas súas consecuencias e as deficiencias no plantexamento do mesmo. Na segunda pasouse revista detallada o proceso de concentración parcelaria e as súas consecuencias. Posteriormente exemplificáronse e enumeráronse varios proxectos de restauración: Humidal Antonio Vilariño (Veiga de Vilaseca), Veiga de Gomareite, Poza dos Arieiros e das Conícoras nas Areeiras, exemplos de biodiversidade na Lagoa de Antela e especies de aves e flora endémicas, proxecto in-visible pollut desenvolvido por Amigas das Cegoñas, Ecoembes, Ecoloxistas en Acción, Libera, SEO BirdLife e o Departamento de Quimica Analítica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela que detecta sinais de contaminación visibles e non visibles sobre o terreo e pesticidas e mercurio nas plumas das cegoñas, o proxecto Rexenera Life Rexenera Limia de rehabilitación de dúas areeiras finalizado no 2019 e o proxecto de Senda das Cegoñas nas Areeiras posto en marcha por Amigas das Cegoñas, entre outros. Pola intensidade da xornada e tamén pola premura do tempo non foi posible visitar o resto da Casa da Lagoa nin tratar outros temas como o pobo dos Limicos, as economías perdidas da Lagoa, aspectos etnográficos e xeografía mítica (lendas).