CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco organizarán unha carreira solidaria

Presentáronlle a proposta ao alcalde do Barco de Valdeorras nunha reunión celebrada no Concello

Os alumnos de 4º e 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, están inmersos nun proxecto do programa PITEAS, para o cal están programando diferentes propostas.

Unha delas é a organización dunha carreira solidaria para recadar fondos para un proxecto de defensa de animais. A proposta, presentábanlla ao alcalde do Barco Alfredo García, nunha reunión que mantiñan na mañá do 19 de marzo no Salón de Actos do Edificio Multiusos. Ademais do alcalde, tamén estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso e representantes de Protección Civil e da Policía Local.

A idea dos cativos é organizar unha andaina/ carreira para o día 26 de abril ás 20 horas. A inscrición será gratuíta para os participantes, que deberán aportar comida para perros ou gatos.

Artigos relacionados

Back to top button