CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do Colexio Divina Pastora do Barco visitan a aldea natal de Florencio

 

Estamos no mes das Letras Galegas, máis concretamente das Letras de Florencio, e durante os vindeiros días os estudantes de Valdeorras terán a oportunidade de visitar Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), a aldea natal do poeta, para coñecer un pouco máis sobre o entorno no que pasou os primeiros anos de vida.

A actividade, un percorrido cultural dirixido aos centros educativos da comarca e guiado por Débora Álvarez Moldes, directora do proxecto As Letras de Florencio, e Fernando Santalla, veciño de Córgomo e parente do poeta, arrancaba na mañá deste mércores 11 de maio cos alumnos das dúas clases de 1º e as dúas de 2º da ESO do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras.

 

Unha das paradas da ruta.

 

A saída tiña lugar ás 9:30h. e a visita xirou en torno aos lugares da aldea que tantas saudades poéticas lle inspiraron ao poeta comezando na Portela, aldea veciña a Córgomo na que Florencio tiña bos amigos e que visitaba con frecuencia, con parada en puntos da súa biografía, como a casa natal e a do Poulo, onde viviu de mozo, entre o outros. Unha experiencia moi positiva tanto para o nenos como para os profesores que os acompañaron, aos que lles gustou moito o percorrido que a maioría descoñecía.

 

Durante a ruta realizada esta mañá.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button