CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima horaVídeos

Alumnos do IES Lauro Olmo fan un percorrido polos recantos vitais do escritor que dá nome ao instituto barquense

 

A súa casa natal na rúa Real, a rúa Lauro Olmo, o Teatro Lauro Olmo e por suposto o IES Lauro Olmo. Son os lugares, no Barco de Valdeorras, que levan o nome do dramaturgo barquense cuxo centenerio dos seu nacemento se celebraba o ano pasado, e que percorren estes días os alumnos do instituto que leva o seu nome.

 

No Teatro Lauro Olmo.
Diante da casa natal de Lauro Olmo.

 

Na xornada do luns foi un grupo e na deste martes 24 de xaneiro, eran os de 2º e 4º da ESO os que facían a ruta con paradas comentadas polos propios alumnos nos diferentes lugares, comezando pola biblioteca do centro e rematando nos paraxes de Xagoaza polos que paseaba o escritor, como o mosteiro.

 

Na rúa Lauro Olmo.
En Xagoaza.

 

Trátase dunha actividade educativa, iniciativa da biblioteca escolar e o departamento de Lingua Castelá que comezaba en torno ás 10:30 horas.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button