ConcellosQuirogaÚltima hora

Alvaredos (Quiroga) estrea iluminación e decoración de Nadal

 

Nesta tarde cobraba vida a coidada decoración e iluminación de Nadal coa que o equipo da Adega Alvaredos Hobbs engalanaba a aldea de Alvaredos, no municipio de Quiroga. O acendido tiña lugar no marco da celebración da festa de Nadal da adega.

 

 

“Esta iniciativa ten como obxectivo darlle vida e cor ás rúas da aldea, creando un ambiente festivo que convida tanto aos veciños, así coma aos visitantes, e tamén aos peregrinos do Camiño de Inverno, a desfrutar do espírito do Nadal”, explican os promotores da iniciativa.

 

 

 

Ao mesmo tempo, deste xeito, a adega agradece aos veciños “a paciencia, e as molestias que a nosa actividade pode causar todos días de traballo, polo ruído, o tráfico e a actividade que rompe a calma desta tranquila vila. Gustaríanos que esta decoración de Nadal sirva tamén como atractivo para outros visitantes, para descubrir esta fermosa vila, e que aínda que so sexa por estas datas que recobre en parte a vida que tiña anos atrás”.

Fotos: O SIL.

 

 

Máis información:

Festa de Nadal na Adega Alvaredos Hobbs (Quiroga)

Back to top button