Persoal, colaboradores e amigos de Alvaredos Hobbs (Quiroga) reuníanse na tarde deste 21 de decembro para compartir unha festa de Nadal desta adega. No seu decurso brindábase cos seus viños acompañados de petiscos especiais para a ocasión.

Alvardos-Hobbs é un proxecto vitivinícola que comezaba a xestarse no 2015 froito da colaboración de Paul Hobbs e Antonio López Fernández, este último con raíces en Alvaredos, localidade situada na Ribeira Sacra e en pleno Camiño de Inverno. A súa primeira colleita chegaba no ano 2018.
Elaboran viños de uvas auctóctonas (as brancas godello, albariño e loureiro, e coas tintas garnacha tintureira, mencía e sousón) procedentes de viñedos en socalcos nos montes desta localidade e ás beiras do Sil, ao mesmo tempo que apostan por transformar esta pequena aldea.

“Foi para agradecerlle aos amigos, clientes e provedores cos que traballamos durante o ano, cunha invitación a tomar un viño, con boa música, bo ambiente e boa compañía”, indican dende a adega.
Ademais, o equipo de Alvaredos Hobbs transformaba a pequena aldea de Alvaredos, cunha acolledora decoración de Nadal, que engalanaba de luz e cor esta localidade quiroguesa.
Fotos e vídeo: O SIL.
Máis información e fotos
Alvaredos (Quiroga) estrea iluminación e decoración de Nadal